domingo, 30 de novembro de 2014

Non son tempos fáciles para os pavos


De hoxe non pasaba! Normalmente a pereza gañame a batalla, pero hoxe impuxenme e, despois de semanas de: xa publicarei maña...; chegou o dia de escribir as miñas aventuras!¡! Tamen descubrin como cambiar a configuracion do ordenador, e agora poido utilizar o teclado de toda a vida, coas suas ñ, tiles, etc. (parece unha gilipollez, pero andar copiando e pegando signos de interrogacion porque non sei onde estan no teclado americano e un coñazo). Bueno, pois agora vou resumir un pouco como foi a miña vida no ultimo mes, saltandome a metade por problemas de memoria, e non porque non valga para contar (moi ao meu pesar...).

 Pois hai un mesiño aproximadamente foi Halloween! Deso pouco hai que explicar: xente disfrazada, golosinas, etc. A verdade e que eu non fixen nada demasiado interesante: fun a dar unha volta coa familia e despois fumos a cear fora.
 
  Hai tres semanas foi a festa de despedida de Cross Country! Foi super emotiva, co entrenador chorando, e os capitans dando discursos... A verdade e que Cross Country foi unha experiencia super positiva, porque primeiro descubrin un deporte que me encanta, e segundo, coñecin a un monton de xente marabillosa! (Nota a futuros becados que esten lendo esto: apuntádevos a un equipo!!! A maioria de amigos que teño fixenos en Cross Country, e aínda que moitos dias apeteza mais irse a casa que correr durante duas horas, ao final paga moitisimo a pena)

  E o xoves foi Thanksgiving!! Para os que non vexan pelis americanas, accion de grazas e o dia no que a xente da grazas por tódalas cousas marabillosas que teñen (o cal ven seguido do Black Friday, dia de rebaixas no que a xente que horas antes estaba dando as grazas a Deus por familia e demais movidas, se pelexa por unha television cun 30% de desconto en Walmart) En fin, para min Thanksgiving foi en casa da nai de Hannah, e despois de varias horas comendo, cada un para a sua casa. O venres puxemos a arbore de nadal (tamen na casa da nai de Hannah, nesta en vez de nadal imos celebrar Hannukah). Onte fomos Rob, Hannah e unha amiga a ver Interstellar  aos cines Imax do Pacific Science Center.

 Bueno case se me olvida contarvos que agora estou no equipo de natacion!! Madre mia, se Cross Country era difícil esto non ten nome. En fin e o que hai... Tamen que a semana pasada tivemos as audicións para Os Miserables, e eu entrei, asi que se acabou cantar merda as 8 da mañá en coro.

 Hoxe e 30 de Novembro, e hai un ano estaba facendo o exame da beca. E incrible o que pasou dende entón. A veces parome a pensalo e non mo creo: levo catro meses vivindo unha experiencia completa e absolutamente impresionante en Estados Unidos e quedanme aínda un monton de cousas por vivir. E aínda que o negativismo e a morriña aparezan de vez en cando quero contarvos que isto e jodidamente incrible, e dou as grazas cada dia porque me deran a min a oportunidade de estar aquí. Nunca valoramos o que temos e creo que non fai falla un dia para dar grazas. Fan falla 365. Dar grazas polas pequenas cousas, pola xente que nos quere, polos momento vividos e por tódalas cousas que nos quedan por vivir.

 Quero tamen decirlle algo a todos os que fixeron onte o exame escrito: eu era vos hai exactamente un ano. A moitos de vos non vos daran a beca, e sentiredesvos unha puta merda e gilipollas por pensar que o podiades conseguir. A todos  quero dicirvos que fixestedes algo supervalente. Non e fácil aceptar retos, e obter resultados os cales poden non ser os que queremos, e tamen as criticas de toda esa xente que se cre mellor por non intentalo. Pero o mais importante e ao que queria chegar: os que xa o conseguimos non somos especiais. Somos coma vos hai un aniño cando tivemos que facer o noso exame que todos pensamos que iamos suspender. Todos pensamos que era imposible, que habia moita xente, que nin de coña nola daban con esa merda de exame que fixemos... Pero aquí estamos, deperdigados polos States, pasando moito frio, e vivindo os nosos soños. Asi que moito animo, porque xa vos falta menos para empezar a vosa aventura!!!



Sede felices,
Adrián

domingo, 19 de outubro de 2014

Don't you worry, love


Madre mia, se xa pasaron mais de 2 meses e parece que foi onte cando cheguei. (E ao ritmo ao que vou a proxima publicacion sera cando leve 7 jajaja) Xa, xa sei que estaredes pensando que me repito bastante co de co tempo pasa moi deprisa, pero e que ultimamente estou empezando a crer que America e rollo Narnia e que o tempo pasa mais rapido. Pero a vez pasa tamen moi lento, e e que xa parece que levo unha vida aqui, indo ao Ingraham High e comendo hamburguesas e burritos por un tubo ( aqui a xente ten un problema coa comida picante, outra escala de medicion que provoca momentos bastante epicos). Bueno voume deixar de reflexions e vou contar un pouco como foi a minha vida no ultimo mes por terras americanas.

 

  Bueno a rutina creo que xa vola contei non? Levantarse todos os dias as 6, coller o bus as 7, empezar as clases as 7,50... O que creo que non expliquei moi ben e que estou no equipo de Cross Country e que e eso. Cross country basease en corer polo medio do monte (ou por onde cadre) longas distancias. Vale vale, os que me conhecedes flipando, porque a verdade e que non me pega moito o de corer, e menos polo monte. En fin xente, America estame cambiando, que vos vou contar... Pois eso que todolos dias despois de clase tenho 2 horas entrenamento, e despois para casa a facer deberes e demais movidas.

 



  Vale, agora vou contar o que fixen os ultimos fins de semana, porque a verdade durante a semana non e que tenha moito para irme de excursion. O sabado de hai tres semanas tiven a minha primeira carreira! Fomos a Tacoma, e estivemos ali case todo o dia. A verdade e que estivo xenial porque me levo moi ben coa xente de cross e nas carreiras temos moito tempo para falar e conhecernos mellor. Hai duas semanas fun con Rob a Portland a visitar a unhos amigos da universidade que viven ali, para que os conhecese a eles e ao seu fillo que ten un ano mais ca min. Estivemos ali todo o finde, e ainda que non tivemos moito tempo para facer turismo, moloume moito o rollo da cidade. A semana pasada quedei con Valentina e Esther, duas exchange students que estan na minha clase de literature para ir de compras, porque a verdade e que a roupa de veran xa quedou olvidada nun rincon do armario. Estivemos mirando as tendas, dando unha volta por Downtown, e tomando algo en Starbucks como unhos bos Americanos! E este finde foi mais longo que de costume porque o venres non tivemos clase, asi que aproveitei para ir cambiar algunha das cousas que comprara a semana pasada (algunhas cousas nunca cambian...) O sabado tiven unha carreira, e o domingo foi dia de relax e deberes, que boa falla fan!!


 






Esto foi hai duas semanas pero vouvos contar como foi a Homecoming Week! Antes de todo decirvos que o tema foi Harry Potter, e que a algunha xente non lle fixo moita gracia, pero a min moloume moito. O luns foi Dementor Day, asi que todos vestidos de negro. O martes Weasley day, no que habia que ir vestido igual que outra persoa. O mercores foi Patronus Day, no que houbo que levar o teu peluche favorite a clase. O xoves foi Wizards VS Witches, asi que en teoria habia que ir disfrazados de magos e bruxas, ainda que desto pasamos todos bastante. E o venres foi Houses Day! Os juniors eramos Gryffindor asi que tocabanos vestirnos de dorado e vermello (non nolo puxeron moi facil). Ese dia houbo unha asamblea na que  o mais interesante foi o partido de Quidditch entre Gryffidor (juniors) e Slytherin (seniors). Ao final os seniors ganharon pero foron moitas risas!!! Despois de todo esto e de ir a entrenar houbo o conseguinte Football Homegame, que para variar, Ingraham perdeu, pero nin o de perder nin a chuvia nos augou a festa! O sabado foi o Homecoming Dance, pero eu non fun porque estaba en Portland.


 






Cada clase decorous o seu hall como a sala comun da sua casa
 
En fin creo que xa vos contei o mais relevante! Estou seguro de que me quedaron un monton de cousas sen contar, pero bueno, aqui esta o mais interesante. Moita sorte a todos co comezo extraoficial do curso (xa sabemos que ata despois de San Froilan...) e que ainda que este ano non probei o pulpo, a experiencia compensao con creces!!




(Puget Sound dende Discovery Park)



As veces tamen costa darte conta das cousas que te estas perdendo por estar aqui. Pero se algo descubrin e que na vida cada un escolle o seu caminho, e recibe as alegrias e as tristezas que ese caminho lle ofrece. E a verdade e que canto mais costa arriba e o caminho, mellor e a vista dende a cima.

 
 



Sede felices,
Adrian

sábado, 13 de setembro de 2014

Close your eyes, take a breath...

 Que, que tal vos vai por Espanha? A min nos States de marabilla! A verdade e que tenho o blog algo abandonado, pero e que nunca tenho nin tempo nin ganhas de actualizalo… Asi que vos vou resumir o mais interesante que fixen antes de empezar as clases, e como me vai co comezo do curso!!

 Hai tres semanas fun con Rob a un partido de beisbol. Xogaban os Seattle Mariners contra os Texas Rangers. O estadio e impresionante, super grande, como nas peliculas. Despois dun home run e case 4 horas de partido os Mariners ganharonlles os Rangers 5-0!!
 
 
 Nos estabamos sentados mais abaixo, estas fotos saqueinas de google.
 Ao dia seguinte collimos o ferry para ir a Bainbridge. Bainbridge e como unha vila ao outro lado de Puget Sound, onde vive moita xente que traballa no centro de Seattle, e que collen o barco todolos dias. A verdade e que Bainbridge non ten moito que ver, pero a viaxe en ferry estivo moi ben. A vista de Seattle dende a auga e espectacular, tal cual como na cabeceira de Anatomia de Grey. Pd: se algunha vez ides a Seattle daredesvos conta de que o mitico logo da serie co skyline da cidade esta mal, a space needle non deberia estar no centro. 
 

 
 
 
 
 
 Esa semana fomos tamen a Golden Gardens, que e unha praia moi famosa aqui, onde fan fogatas e festas pola noite. A verdade e que a praia e un pouco trunha, pero menos e nada.

 
 A semana antes de empezar as clases fun a Bumbershoot! Bumbershoot e o festival de musica mais importante de Seattle. O dia que fun eu estaban Capital Cities, Foster the people, Neon Trees… Os concertos estiveron xenial, habia moitisima xente e moi bon ambiente.

 
 
 
 
  Este foi o mellor momento do concerto, a xente volveuse tola jajaja
 O resto dos dias visitei a cidade, quedei con Hannah e as suas amigas, saqueille uso ao Jacuzzi do xardin.. Pero o todo o bon se acaba, e o mercores da semana pasada empecei o instituto. Ia ir a un que esta aqui ao lado da casa, pero o dia antes cambiaronme para ao que vai Hannah. Asi que o primeiro dia (e o resto desa semana) acudin a clases sen que o meu nome estivera na lista, rollo ointe. Por fin o venres puiden refacer o meu horario e as minhas clases, e agora son: US History, Am. Literature, French 3, Biology, Algebra e Coro. O do coro non o tinha planeado, pero bueno era iso ou carpinteria, e honestamente podo liala moito mais parda cun taladro que cantando.

 O luns pasado uninme ao equipo de cross country, que e rollo atletismo pero longas distancias. Dende enton sei o que realmente e ter agujetas. Afortunadamente foronseme pasando, pero entrenar todolos dias 2 horas despois de clase non axuda a unha rapida recuperacion. Os que inventaron eso de ’un clavo se saca con otro clavo’ obviamente non se referian e esto.

 E asi me vai. Conhecendo xente, liandoas bastante pardas de vez en cando (os buseros de Seattle estanse pensando o de prohibirme a entrada no bus jajajaj)… Superando novos retos. E e que esto e un reto continuo, que ten pon a proba dia tras dia, hora tras hora. Que nos fai rirnos de nos mesmos, e do imbeciles que somos as veces, e que nos fai pensar no que xa non temos, e chorar porque as veces estar no sofa de casa seria moito mais comodo. Pero para o que non se deu conta vouno informar eu: A VIDA NON E NIN COMODA NIN FACIL! Levo aqui pouco mais dun mes e cando penso en comodidade penso en todo aquelo que non conleva corer durante multiples kilometros. Todo e relativo, depende de como nos tomemos as cousas, de se decidimos ver o vaso medio cheo ou medio baleiro. E honestamente eu estou decidido a ser feliz.

 Quero tamen mandar moitisimos animos a todos os becados! Xente, non sei que tal vos vai, espero que moi ben e que estedes disfrutando a experiencia!! Parece que chegamos onte e xa levamos mais dun mes por terras Americanas. A decir verdade xa non sei se estamos feitos feitos doutra pasta ou se estamos mal da puta olla.

domingo, 17 de agosto de 2014

New beginnings

 E finalmente chegou o día. Levaba meses sendo o día máis temido e máis esperado ao mesmo tempo, e parecía que nunca chegaría, pero como todo na vida, todo chega e todo pasa. E que rápido pasa! Tan rápido como que levo en Seattle case dúas semanas, e parece que cheguei onte. E é que estas dúas semanas deron para moito!! A primeira parada… NEW YORK! Fíxosenos curto, pero non nos defraudou. Tivemos unhas cantas reunións, e despois fomos de tour pola cidade. Visitamos o Empire State Building, vimos dende o bus algúns dos sitios máis míticos de Manhattan (Central Park, o Dakota, Times Square…) e fomos nun barco arredor da Estatua da Liberdade. Foi un día moi intenso, e dende logo moi longo, porque sen durmir me montei ás 5 da manha (hora local) nun avión a Seattle. 

 


 
 
 
 
 
 
 Agora vou resumir un pouco o que fixen estos primeiros dias aqui (do que me acordo polo menos):
  O primeiro día Rob veume buscar ao aeroporto e fomos buscar a Hannah a autoescola. Despois fun con ela ao centro e estivemos vagabundeando polas tendas. Despois fomos os tres cear fora a un sitio famoso no barrio de pescado, e pasamonos pola casa da Debbie, a nai de Hannah, e do seu marido Peter. Ao dia seguinte non fixen gran cousa, demos una volta polo barrio, coloquei todo no armario… o domingo veu Jennie, a minha coordinadora local, a conhecerme e estivemos falando un pouco de como estaban indo estos primeiros días e tal… Despois fomos a dar un paseo por Discovery Park, que e o parque mais grande de Seattle no cal tamen hai praias, e que esta ao lado da casa. O luns acompanhei a Hannah a autoescola, e mentras ela estaba en clase eu fun dar una volta polo campus da universidade de Washington. Pola tarde veu una amiga dela a casa, e estivemos no jacuzzi e escoitando música. O martes fun ao Burke museum, que e un museo sobre a historia do norleste de estados unidos, e tamen de dinosaurios, volcans e esas movidas. Pola tarde estiven con Hannah vendo un pouco a tele e falando. O mercores estiven facendo Skype con medio Lugo, e despois estiven xogando con Hannah e unha amiga ao Twister e ao Scrable (o mais gracioso do Scrable foi que eu ganhei unha partida jajaja) O xoves fun ao centro con Hannah, e estivemos tomando un yogurt helado, fomos a Starbucks… O venres foi un dia bastante aburridillo, estiven vendo a televisión, despois fun a oficina de Rob e estivome presentando a xente, e pola noite vimos unha peli. Onte fomos ao Pyke Market, que e un mercado moi famoso en Seattle. Despois visitamos o Seattle Art Museum, o cal se centra bastante no arte antigo das tribos do norleste, e tamen no arte en cristal, tan famoso en Seattle. Pola tarde subimos a Capitol Hill, que e o barrio gay, dos estudantes… Non había moita xente pola rua, ao parecer porque os seus habitantes estaban nun festival moi famoso en Seattle que se basa basicamente en fumar marihuana. Despois caminhamos ata a casa, pasando polo festival que a verdade  estaba petado. E hoxe pola manha fomos ao mercado de Ballard, onde os granxeiros venden os seus productos.

 


 Os principios nunca foron fáciles, e este dende logo non esta a ser unha excepción. Creo que o medo aos principios e moitas veces o motivo polo que a xente teme cambiar algo na sua vida. E cando finalmente o cambian sempre aparecen a melancolía, a autocompaixon e o arrepentimento. A xente tende a agobiarse cos comezos, porque non os vemos como unha oportunidade de mellorar, senon como o fin da vida como a conheciamos. Pero a veces o unico que necesitamos e tomar aire para darnos conta de que todo ira ben.