sábado, 13 de setembro de 2014

Close your eyes, take a breath...

 Que, que tal vos vai por Espanha? A min nos States de marabilla! A verdade e que tenho o blog algo abandonado, pero e que nunca tenho nin tempo nin ganhas de actualizalo… Asi que vos vou resumir o mais interesante que fixen antes de empezar as clases, e como me vai co comezo do curso!!

 Hai tres semanas fun con Rob a un partido de beisbol. Xogaban os Seattle Mariners contra os Texas Rangers. O estadio e impresionante, super grande, como nas peliculas. Despois dun home run e case 4 horas de partido os Mariners ganharonlles os Rangers 5-0!!
 
 
 Nos estabamos sentados mais abaixo, estas fotos saqueinas de google.
 Ao dia seguinte collimos o ferry para ir a Bainbridge. Bainbridge e como unha vila ao outro lado de Puget Sound, onde vive moita xente que traballa no centro de Seattle, e que collen o barco todolos dias. A verdade e que Bainbridge non ten moito que ver, pero a viaxe en ferry estivo moi ben. A vista de Seattle dende a auga e espectacular, tal cual como na cabeceira de Anatomia de Grey. Pd: se algunha vez ides a Seattle daredesvos conta de que o mitico logo da serie co skyline da cidade esta mal, a space needle non deberia estar no centro. 
 

 
 
 
 
 
 Esa semana fomos tamen a Golden Gardens, que e unha praia moi famosa aqui, onde fan fogatas e festas pola noite. A verdade e que a praia e un pouco trunha, pero menos e nada.

 
 A semana antes de empezar as clases fun a Bumbershoot! Bumbershoot e o festival de musica mais importante de Seattle. O dia que fun eu estaban Capital Cities, Foster the people, Neon Trees… Os concertos estiveron xenial, habia moitisima xente e moi bon ambiente.

 
 
 
 
  Este foi o mellor momento do concerto, a xente volveuse tola jajaja
 O resto dos dias visitei a cidade, quedei con Hannah e as suas amigas, saqueille uso ao Jacuzzi do xardin.. Pero o todo o bon se acaba, e o mercores da semana pasada empecei o instituto. Ia ir a un que esta aqui ao lado da casa, pero o dia antes cambiaronme para ao que vai Hannah. Asi que o primeiro dia (e o resto desa semana) acudin a clases sen que o meu nome estivera na lista, rollo ointe. Por fin o venres puiden refacer o meu horario e as minhas clases, e agora son: US History, Am. Literature, French 3, Biology, Algebra e Coro. O do coro non o tinha planeado, pero bueno era iso ou carpinteria, e honestamente podo liala moito mais parda cun taladro que cantando.

 O luns pasado uninme ao equipo de cross country, que e rollo atletismo pero longas distancias. Dende enton sei o que realmente e ter agujetas. Afortunadamente foronseme pasando, pero entrenar todolos dias 2 horas despois de clase non axuda a unha rapida recuperacion. Os que inventaron eso de ’un clavo se saca con otro clavo’ obviamente non se referian e esto.

 E asi me vai. Conhecendo xente, liandoas bastante pardas de vez en cando (os buseros de Seattle estanse pensando o de prohibirme a entrada no bus jajajaj)… Superando novos retos. E e que esto e un reto continuo, que ten pon a proba dia tras dia, hora tras hora. Que nos fai rirnos de nos mesmos, e do imbeciles que somos as veces, e que nos fai pensar no que xa non temos, e chorar porque as veces estar no sofa de casa seria moito mais comodo. Pero para o que non se deu conta vouno informar eu: A VIDA NON E NIN COMODA NIN FACIL! Levo aqui pouco mais dun mes e cando penso en comodidade penso en todo aquelo que non conleva corer durante multiples kilometros. Todo e relativo, depende de como nos tomemos as cousas, de se decidimos ver o vaso medio cheo ou medio baleiro. E honestamente eu estou decidido a ser feliz.

 Quero tamen mandar moitisimos animos a todos os becados! Xente, non sei que tal vos vai, espero que moi ben e que estedes disfrutando a experiencia!! Parece que chegamos onte e xa levamos mais dun mes por terras Americanas. A decir verdade xa non sei se estamos feitos feitos doutra pasta ou se estamos mal da puta olla.

2 comentarios: