domingo, 17 de agosto de 2014

New beginnings

 E finalmente chegou o día. Levaba meses sendo o día máis temido e máis esperado ao mesmo tempo, e parecía que nunca chegaría, pero como todo na vida, todo chega e todo pasa. E que rápido pasa! Tan rápido como que levo en Seattle case dúas semanas, e parece que cheguei onte. E é que estas dúas semanas deron para moito!! A primeira parada… NEW YORK! Fíxosenos curto, pero non nos defraudou. Tivemos unhas cantas reunións, e despois fomos de tour pola cidade. Visitamos o Empire State Building, vimos dende o bus algúns dos sitios máis míticos de Manhattan (Central Park, o Dakota, Times Square…) e fomos nun barco arredor da Estatua da Liberdade. Foi un día moi intenso, e dende logo moi longo, porque sen durmir me montei ás 5 da manha (hora local) nun avión a Seattle. 

 


 
 
 
 
 
 
 Agora vou resumir un pouco o que fixen estos primeiros dias aqui (do que me acordo polo menos):
  O primeiro día Rob veume buscar ao aeroporto e fomos buscar a Hannah a autoescola. Despois fun con ela ao centro e estivemos vagabundeando polas tendas. Despois fomos os tres cear fora a un sitio famoso no barrio de pescado, e pasamonos pola casa da Debbie, a nai de Hannah, e do seu marido Peter. Ao dia seguinte non fixen gran cousa, demos una volta polo barrio, coloquei todo no armario… o domingo veu Jennie, a minha coordinadora local, a conhecerme e estivemos falando un pouco de como estaban indo estos primeiros días e tal… Despois fomos a dar un paseo por Discovery Park, que e o parque mais grande de Seattle no cal tamen hai praias, e que esta ao lado da casa. O luns acompanhei a Hannah a autoescola, e mentras ela estaba en clase eu fun dar una volta polo campus da universidade de Washington. Pola tarde veu una amiga dela a casa, e estivemos no jacuzzi e escoitando música. O martes fun ao Burke museum, que e un museo sobre a historia do norleste de estados unidos, e tamen de dinosaurios, volcans e esas movidas. Pola tarde estiven con Hannah vendo un pouco a tele e falando. O mercores estiven facendo Skype con medio Lugo, e despois estiven xogando con Hannah e unha amiga ao Twister e ao Scrable (o mais gracioso do Scrable foi que eu ganhei unha partida jajaja) O xoves fun ao centro con Hannah, e estivemos tomando un yogurt helado, fomos a Starbucks… O venres foi un dia bastante aburridillo, estiven vendo a televisión, despois fun a oficina de Rob e estivome presentando a xente, e pola noite vimos unha peli. Onte fomos ao Pyke Market, que e un mercado moi famoso en Seattle. Despois visitamos o Seattle Art Museum, o cal se centra bastante no arte antigo das tribos do norleste, e tamen no arte en cristal, tan famoso en Seattle. Pola tarde subimos a Capitol Hill, que e o barrio gay, dos estudantes… Non había moita xente pola rua, ao parecer porque os seus habitantes estaban nun festival moi famoso en Seattle que se basa basicamente en fumar marihuana. Despois caminhamos ata a casa, pasando polo festival que a verdade  estaba petado. E hoxe pola manha fomos ao mercado de Ballard, onde os granxeiros venden os seus productos.

 


 Os principios nunca foron fáciles, e este dende logo non esta a ser unha excepción. Creo que o medo aos principios e moitas veces o motivo polo que a xente teme cambiar algo na sua vida. E cando finalmente o cambian sempre aparecen a melancolía, a autocompaixon e o arrepentimento. A xente tende a agobiarse cos comezos, porque non os vemos como unha oportunidade de mellorar, senon como o fin da vida como a conheciamos. Pero a veces o unico que necesitamos e tomar aire para darnos conta de que todo ira ben.