De hoxe non pasaba! Normalmente a pereza gañame a batalla, pero hoxe impuxenme e, despois de semanas de: xa publicarei maña...; chegou o dia de escribir as miñas aventuras!¡! Tamen descubrin como cambiar a configuracion do ordenador, e agora poido utilizar o teclado de toda a vida, coas suas ñ, tiles, etc. (parece unha gilipollez, pero andar copiando e pegando signos de interrogacion porque non sei onde estan no teclado americano e un coñazo). Bueno, pois agora vou resumir un pouco como foi a miña vida no ultimo mes, saltandome a metade por problemas de memoria, e non porque non valga para contar (moi ao meu pesar...).
Pois hai un mesiño aproximadamente foi Halloween! Deso pouco hai que explicar: xente disfrazada, golosinas, etc. A verdade e que eu non fixen nada demasiado interesante: fun a dar unha volta coa familia e despois fumos a cear fora.
Hai tres semanas foi a festa de despedida de Cross Country! Foi super emotiva, co entrenador chorando, e os capitans dando discursos... A verdade e que Cross Country foi unha experiencia super positiva, porque primeiro descubrin un deporte que me encanta, e segundo, coñecin a un monton de xente marabillosa! (Nota a futuros becados que esten lendo esto: apuntádevos a un equipo!!! A maioria de amigos que teño fixenos en Cross Country, e aínda que moitos dias apeteza mais irse a casa que correr durante duas horas, ao final paga moitisimo a pena)
E o xoves foi Thanksgiving!! Para os que non vexan pelis americanas, accion de grazas e o dia no que a xente da grazas por tódalas cousas marabillosas que teñen (o cal ven seguido do Black Friday, dia de rebaixas no que a xente que horas antes estaba dando as grazas a Deus por familia e demais movidas, se pelexa por unha television cun 30% de desconto en Walmart) En fin, para min Thanksgiving foi en casa da nai de Hannah, e despois de varias horas comendo, cada un para a sua casa. O venres puxemos a arbore de nadal (tamen na casa da nai de Hannah, nesta en vez de nadal imos celebrar Hannukah). Onte fomos Rob, Hannah e unha amiga a ver Interstellar aos cines Imax do Pacific Science Center.
Bueno case se me olvida contarvos que agora estou no equipo de natacion!! Madre mia, se Cross Country era difícil esto non ten nome. En fin e o que hai... Tamen que a semana pasada tivemos as audicións para Os Miserables, e eu entrei, asi que se acabou cantar merda as 8 da mañá en coro.
Hoxe e 30 de Novembro, e hai un ano estaba facendo o exame da beca. E incrible o que pasou dende entón. A veces parome a pensalo e non mo creo: levo catro meses vivindo unha experiencia completa e absolutamente impresionante en Estados Unidos e quedanme aínda un monton de cousas por vivir. E aínda que o negativismo e a morriña aparezan de vez en cando quero contarvos que isto e jodidamente incrible, e dou as grazas cada dia porque me deran a min a oportunidade de estar aquí. Nunca valoramos o que temos e creo que non fai falla un dia para dar grazas. Fan falla 365. Dar grazas polas pequenas cousas, pola xente que nos quere, polos momento vividos e por tódalas cousas que nos quedan por vivir.
Quero tamen decirlle algo a todos os que fixeron onte o exame escrito: eu era vos hai exactamente un ano. A moitos de vos non vos daran a beca, e sentiredesvos unha puta merda e gilipollas por pensar que o podiades conseguir. A todos quero dicirvos que fixestedes algo supervalente. Non e fácil aceptar retos, e obter resultados os cales poden non ser os que queremos, e tamen as criticas de toda esa xente que se cre mellor por non intentalo. Pero o mais importante e ao que queria chegar: os que xa o conseguimos non somos especiais. Somos coma vos hai un aniño cando tivemos que facer o noso exame que todos pensamos que iamos suspender. Todos pensamos que era imposible, que habia moita xente, que nin de coña nola daban con esa merda de exame que fixemos... Pero aquí estamos, deperdigados polos States, pasando moito frio, e vivindo os nosos soños. Asi que moito animo, porque xa vos falta menos para empezar a vosa aventura!!!
Sede felices,
Adrián
Ningún comentario:
Publicar un comentario