Hai tres semanas fun con Rob a un partido de beisbol.
Xogaban os Seattle Mariners contra os Texas Rangers. O estadio e impresionante,
super grande, como nas peliculas. Despois dun home run e case 4 horas de
partido os Mariners ganharonlles os Rangers 5-0!!
Nos estabamos sentados mais abaixo, estas fotos saqueinas de google.
Ao dia seguinte
collimos o ferry para ir a Bainbridge. Bainbridge e como unha vila ao outro
lado de Puget Sound, onde vive moita xente que traballa no centro de Seattle, e
que collen o barco todolos dias. A verdade e que Bainbridge non ten moito que
ver, pero a viaxe en ferry estivo moi ben. A vista de Seattle dende a auga e
espectacular, tal cual como na cabeceira de Anatomia de Grey. Pd: se algunha
vez ides a Seattle daredesvos conta de que o mitico logo da serie co skyline da
cidade esta mal, a space needle non deberia estar no centro.
Esa semana fomos
tamen a Golden Gardens, que e unha praia moi famosa aqui, onde fan fogatas e
festas pola noite. A verdade e que a praia e un pouco trunha, pero menos e
nada.
A semana antes de
empezar as clases fun a Bumbershoot! Bumbershoot e o festival de musica mais
importante de Seattle. O dia que fun eu estaban Capital Cities, Foster the
people, Neon Trees… Os concertos estiveron xenial, habia moitisima xente e moi
bon ambiente.
Este foi o mellor momento do concerto, a xente volveuse tola jajaja
O resto dos dias
visitei a cidade, quedei con Hannah e as suas amigas, saqueille uso ao Jacuzzi do
xardin.. Pero o todo o bon se acaba, e o mercores da semana pasada empecei o
instituto. Ia ir a un que esta aqui ao lado da casa, pero o dia antes
cambiaronme para ao que vai Hannah. Asi que o primeiro dia (e o resto desa
semana) acudin a clases sen que o meu nome estivera na lista, rollo ointe. Por
fin o venres puiden refacer o meu horario e as minhas clases, e agora son: US
History, Am. Literature, French 3, Biology, Algebra e Coro. O do coro non o
tinha planeado, pero bueno era iso ou carpinteria, e honestamente podo liala
moito mais parda cun taladro que cantando.
O luns pasado uninme
ao equipo de cross country, que e rollo atletismo pero longas distancias. Dende
enton sei o que realmente e ter agujetas. Afortunadamente foronseme pasando,
pero entrenar todolos dias 2 horas despois de clase non axuda a unha rapida
recuperacion. Os que inventaron eso de ’un clavo se saca con otro clavo’
obviamente non se referian e esto.
E asi me vai.
Conhecendo xente, liandoas bastante pardas de vez en cando (os buseros de
Seattle estanse pensando o de prohibirme a entrada no bus jajajaj)… Superando
novos retos. E e que esto e un reto continuo, que ten pon a proba dia tras dia,
hora tras hora. Que nos fai rirnos de nos mesmos, e do imbeciles que somos as
veces, e que nos fai pensar no que xa non temos, e chorar porque as veces estar
no sofa de casa seria moito mais comodo. Pero para o que non se deu conta vouno
informar eu: A VIDA NON E NIN COMODA NIN FACIL! Levo aqui pouco mais dun mes e
cando penso en comodidade penso en todo aquelo que non conleva corer durante
multiples kilometros. Todo e relativo, depende de como nos tomemos as cousas,
de se decidimos ver o vaso medio cheo ou medio baleiro. E honestamente eu estou
decidido a ser feliz.
Quero tamen mandar
moitisimos animos a todos os becados! Xente, non sei que tal vos vai, espero que
moi ben e que estedes disfrutando a experiencia!! Parece que chegamos onte e xa
levamos mais dun mes por terras Americanas. A decir verdade xa non sei se
estamos feitos feitos doutra pasta ou se estamos mal da puta olla.