Se é que parece mentira o rápido que pasa o tempo. Falta menos dun mes para coller o avión e ese ‘Voume a Estados Unidos’ que parecía non chegar nunca está tan preto que case se alcanza coa punta dos dedos. Pero non por estar preto se sinte máis real. Sigo no mesmo estado de incredulidade que cando me dixeron que me ía. A verdade é que o que se di nervioso non estou. Creo que o de non crermo aínda ten bastante que ver nese aspecto. Pero chegados a este punto, o de crelo ou non crelo importa bastante punto, o tempo seguirá avanzando inevitablemente cara a ese 5 de Agosto, para contento duns e desgraza doutros (obviamente co de desgraza refírome á miña nai, que creo que segue tendo a esperanza de que me raje no último momento jajaja)
Ás veces gustaríame que se parase o tempo.
Poder desfrutar do que me queda aquí sen ter que preocuparme por se todo
cambiará. Outras simplemente collería xa o avión, sen decir nin adeus, coma se
por marchar rápido fose tamén a eludir os cambios. De todas formas o que eu
desexe importa menos que pouco. A vida non nos da un respiro, e moito menos nos
pide consello.
Cambiar… Non nos gusta, temémolo. Pero non o
podemos evitar. Ou nos adaptamos ou nos quedamos atrás. Crecer doe, e calquera
que che diga o contrario minte. Pero ás veces cambiar é bon. Ás veces cambiar
éo todo. Non sei o que nos depara o futuro. A verdade é que non sei
absolutamente nada. Pero acaso necesitamos sabelo? Ás veces a vida supera as
nosas expectativas. E creo honestamente que estaremos ben.
Ningún comentario:
Publicar un comentario