Madre mia, se xa pasaron mais de 2 meses e parece que foi onte cando cheguei. (E ao ritmo ao que vou a proxima publicacion sera cando leve 7 jajaja) Xa, xa sei que estaredes pensando que me repito bastante co de co tempo pasa moi deprisa, pero e que ultimamente estou empezando a crer que America e rollo Narnia e que o tempo pasa mais rapido. Pero a vez pasa tamen moi lento, e e que xa parece que levo unha vida aqui, indo ao Ingraham High e comendo hamburguesas e burritos por un tubo ( aqui a xente ten un problema coa comida picante, outra escala de medicion que provoca momentos bastante epicos). Bueno voume deixar de reflexions e vou contar un pouco como foi a minha vida no ultimo mes por terras americanas.
Bueno a rutina creo que xa vola contei non? Levantarse todos os dias as 6, coller o bus as 7, empezar as clases as 7,50... O que creo que non expliquei moi ben e que estou no equipo de Cross Country e que e eso. Cross country basease en corer polo medio do monte (ou por onde cadre) longas distancias. Vale vale, os que me conhecedes flipando, porque a verdade e que non me pega moito o de corer, e menos polo monte. En fin xente, America estame cambiando, que vos vou contar... Pois eso que todolos dias despois de clase tenho 2 horas entrenamento, e despois para casa a facer deberes e demais movidas.
Vale, agora vou contar o que fixen os ultimos fins de semana, porque a verdade durante a semana non e que tenha moito para irme de excursion. O sabado de hai tres semanas tiven a minha primeira carreira! Fomos a Tacoma, e estivemos ali case todo o dia. A verdade e que estivo xenial porque me levo moi ben coa xente de cross e nas carreiras temos moito tempo para falar e conhecernos mellor. Hai duas semanas fun con Rob a Portland a visitar a unhos amigos da universidade que viven ali, para que os conhecese a eles e ao seu fillo que ten un ano mais ca min. Estivemos ali todo o finde, e ainda que non tivemos moito tempo para facer turismo, moloume moito o rollo da cidade. A semana pasada quedei con Valentina e Esther, duas exchange students que estan na minha clase de literature para ir de compras, porque a verdade e que a roupa de veran xa quedou olvidada nun rincon do armario. Estivemos mirando as tendas, dando unha volta por Downtown, e tomando algo en Starbucks como unhos bos Americanos! E este finde foi mais longo que de costume porque o venres non tivemos clase, asi que aproveitei para ir cambiar algunha das cousas que comprara a semana pasada (algunhas cousas nunca cambian...) O sabado tiven unha carreira, e o domingo foi dia de relax e deberes, que boa falla fan!!
Esto foi hai duas semanas pero vouvos contar como foi a Homecoming Week! Antes de todo decirvos que o tema foi Harry Potter, e que a algunha xente non lle fixo moita gracia, pero a min moloume moito. O luns foi Dementor Day, asi que todos vestidos de negro. O martes Weasley day, no que habia que ir vestido igual que outra persoa. O mercores foi Patronus Day, no que houbo que levar o teu peluche favorite a clase. O xoves foi Wizards VS Witches, asi que en teoria habia que ir disfrazados de magos e bruxas, ainda que desto pasamos todos bastante. E o venres foi Houses Day! Os juniors eramos Gryffindor asi que tocabanos vestirnos de dorado e vermello (non nolo puxeron moi facil). Ese dia houbo unha asamblea na que o mais interesante foi o partido de Quidditch entre Gryffidor (juniors) e Slytherin (seniors). Ao final os seniors ganharon pero foron moitas risas!!! Despois de todo esto e de ir a entrenar houbo o conseguinte Football Homegame, que para variar, Ingraham perdeu, pero nin o de perder nin a chuvia nos augou a festa! O sabado foi o Homecoming Dance, pero eu non fun porque estaba en Portland.
Cada clase decorous o seu hall como a sala comun da sua casa |
(Puget Sound dende Discovery Park) |
As veces tamen costa darte conta das cousas que te estas perdendo por estar aqui. Pero se algo descubrin e que na vida cada un escolle o seu caminho, e recibe as alegrias e as tristezas que ese caminho lle ofrece. E a verdade e que canto mais costa arriba e o caminho, mellor e a vista dende a cima.
Sede felices,
Adrian